|
HISTORIA DUN INSTITUTO
|
Hai xa mais de dez anos que o noso Instituto ten nome, RAFAEL DIESTE, con bautismo e confirmación e ainda moita xente segue a alcumalo cmo AGRA DOS. Será por aquello de que ainda é pequeño e os fillos tardan en medrar e independizarse …
Porque é certo que o Rafael Dieste se construiu para acoller a toda a rapazada de finais dos 80 e principios dos 90 que non cabían nas aulas do Masculino nin nas do Agra I e que vivían nesta zona, o DISTRITO QUINTO, que vai desde Labañou a Vila de Negreira e do Portiño a Praza dePortugal, pasando polo monte de San Pedro. Velai se é grande a nosa zona de influencia.
O tempo da súa edificación foi a dun embarazo, nove meses e será por iso que principiamos ainda cos obreiros dentro e o edificio un pouco atravesado …
As cousas cambiaron moito nestes doce anos de historia. Cando o inauguramos non estaba aberta nin a prolongación de Manuel Murguía nin a Ronda de Outeiro que hoxe chega ata os Rosales. O Insti estaba isolado no medio dun predio que nalgún tempo anterior foi pazo, coa súa casa, xardín e fonte … aínda é un lugar moi fermoso e agradable, algúns dicimos que son as millores instalacións escolares de A Coruña.
Tampouco son iguais as cousas por dentro: Cando abrimos, inzaban as aulas oitocentos alumnos de BUP e COU. Hoxe somos perto de cincocentos alumnos de ESO e BAC. Ao sermos menos alumnos e alumnas os profesores poden atendernos millor.
Gústanos o noso Insti. A ver quén pode presumir de ter arredores con xardíns e árbores e pavillón de deportes cuberto e campo de fútbol.
Temos unhas boas aulas, tanto comúns como específicas onde se imparten, Tecnoloxía, Audiovisuais, Educación Plástica, Informática … todo é necesario para aprender moito e ben.
|
|
|
Miguel Mato
Director IES Rafael Dieste Descargar | Stream |
IES Rafael Dieste
Visita al instituto Descargar | Stream |